A base de datos de informes da Intervención Xeral da Administración do Estado recolle informes, ditames e consultas relativos ao control dos actos, documentos e expedientes dos que se deriven dereitos e obrigas de contido económico.
A maioría dos informes foron emitidos pola Intervención Xeral da Administración do Estado, malia que tamén se recollen informes da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, do Tribunal Económico-Administrativo Central e do Consello de Estado, entre outros.
Consult@-Informes IXAE permítenos localizar informes, ditames e consultas mediante un sinxelo sistema de consulta dos documentos, introducindo datos nun ou en varios campos de busca.