Que é e para que serve?

A Oficina Electrónica de Clases Pasivas ofrece un conxunto de servizos electrónicos postos á disposición dos cidadáns pola Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, para que efectúen xestións e consultas a través de internet, o que evita o desprazamento físico ata as oficinas de xestión.

A utilización destes servizos require o uso dun certificado electrónico cando se consulta información de carácter persoal ou se realiza unha xestión que esixa acreditar a identidade do usuario.

Non obstante, tamén se ofrecen algunhas opcións de libre acceso.

O acceso á Oficina Electrónica realízase dende a páxina web da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas: http:/www.clasespasivas.sgpg.pap.meh.es

A organización deste conxunto de servizos nunha páxina web permite a súa continua actualización e é conveniente diferenciar os servizos de acceso restrinxido (que esixen certificado electrónico), daqueloutros cuxo acceso é libre:

  • Verificación de certificados: opción que lles permite a terceiros interesados comprobar a autenticidade e a veracidade dos certificados sobre pensións emitidos pola propia Oficina Electrónica.
  • Certificados de pensións: Permite solicitar e obter a través de internet certificados das pensións de clases pasivas percibidas polos interesados, en formato papel e ficheiro electrónico, asinados electronicamente. Os informes en papel incorporan un código de validación para a súa posible verificación por terceiras persoas.
Data da última actualización: 26/6/2012
  • Icono de conformidad con el Nivel Doble-A,
  • XHTML 1.0 Transitional Válido
  • CSS Válido
  • RSS