• Inicio
  • > Solicitude de acceso ós sistemas

Control de Accesos

A política de seguridade dos sistemas de información da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Intervención Xeral da Administración do Estado está regulada pola Resolución de 21 de decembro de 2015, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos. No entanto, en materia de tramitación de solicitude de accesos aos sistemas de información e a outros contidos ou servizos electrónicos, esta Resolución remite, mentres o Comité de coordinación da seguridade da información non aprobe o novo procedemento de control de accesos á rede e aos sistemas de información da Administración orzamentaria, á Resolución de 27 de febreiro de 2009, da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, pola que se regula a política de seguridade dos sistemas de información da Secretaría Xeral de Orzamentos e Gastos e da Intervención Xeral da Administración do Estado, que no resto de cuestións quedou derrogada pola nova Resolución..

 

 

Resolución de 21 de diciembre de 2015, de la Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, por la que se regula la política de seguridad de los sistemas de información de la Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos y de la Intervención General de la Administración del Estado (pdf).

Resolución de 27-02-09, de la Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos, por la que se regula la política de seguridad de los sistemas de información de la Secretaría General de Presupuestos y Gastos y de la I.G.A.E. (pdf)

Con carácter xeral, o acceso a estes servizos require que o usuario estea previamente rexistrado e autorizado para acceder a cada un deles. Ademais, nun número crecente destes servizos esíxese que este acceso se realice mediante certificado electrónico expedido por un provedor de servizos de certificación, dos admitidos no ámbito da Administración orzamentaria.

Co fin de precisar e clarificar este tratamento, e conforme á Resolución do 27 de febreiro de 2009, elaborouse o procedemento para o acceso aos sistemas de información dos servizos de informática orzamentaria, de usuarios externos ao ámbito da Administración orzamentaria, no que se expón con detalle o contido que se indica a continuación:

  • Clasificación dos sistemas de información en función do tipo de control dos accesos.
  • Forma de tramitar a alta, a baixa e a modificación do perfil de acceso dun usuario externo.
  • Tipos de enlace de comunicacións coa rede da Administración orzamentaria.

 Procedimiento para el acceso a los sistemas de información de los servicios de Informática presupuestaria, de usuarios externos al ámbito de la Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos. (pdf)

Nalgúns sistemas de información, con carácter previo á solicitude de acceso que se ha realizar cubrindo o formulario que se indica posteriormente, debe solicitarse unha autorización previa, consonte o indicado nesta táboa de preautorizacións.

Para realizar calquera das operacións relacionadas no procedemento anterior, hase de cubrir en liña o formulario de solicitude "Xestión de accesos aos sistemas de información da Administración orzamentaria".

Para algúns sistemas de información, antes de solicitar o acceso, débese dispoñer dunha autorización previa, de acordo co indicado nesta relación de sistemas de información que requiren unha preautorización.

No caso de que se produza algunha incidencia ao cubrir o formulario, deberá seguir os seguintes pasos, dependendo de se é ou non usuario da rede de informática orzamentaria.

Se é usuario rexistrado: seguir o procedemento de "Notificación de incidencias".

Se non é usuario rexistrado: debe enviar un correo ao enderezo uci@IGAE.minhap.es ou un fax ao númeroo 91 583 97 76.

A continuación, suscítanse algunhas cuestións destacadas en relación co control de accesos para achegar unha resposta rápida que guíe o usuario no seu obxectivo:

Subir al inicio de página 

Que sistemas de información e servizos informáticos requiren o rexistro previo do usuario para o control de accesos?

Catálogo de sistemas de información.

Subir al inicio de página 

Que sistemas de información e servizos informáticos requiren, ademais, que o acceso a estes se realice mediante certificado electrónico?

Sistemas de información accesibles para usuarios externos.

Subir al inicio de página 

Que prestadores de servizos de certificación expiden certificados admitidos para acceder aos servizos que o requiren da Administración orzamentaria?

Relación de prestadores de servizos de certificación cuxos certificados electrónicos son admitidos para os efectos dos servizos proporcionados pola Administración orzamentaria.

En xeral, esta relación coincide coa dos certificados admitidos pola Plataforma @FIRMA do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Data da última actualización: 21/1/2016
  • Icono de conformidad con el Nivel Doble-A,
  • XHTML 1.0 Transitional Válido
  • CSS Válido
  • RSS